Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

TRC Danza Primavera 2024

O Teatro Rosalía de Castro presenta a edición de primavera 2024 do festival TRC Danza

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/04/2024 ata o 16/05/2024

Horario:

Todas as funcións serán ás 20.30 h. 

Prezo:

  • Tarifa A: 12,00 €
  • Tarifa B: 8,00 €
  • Tarifa Especial: 10,00 €

(*descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20% ; familias numerosas: -25%)

VENDA DE ENTRADAS:

  • https://entradas.ataquilla.com
  • - Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
  • - Teatro Rosalía: só os días de función de 16 a 20 h

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Teatro Rosalía de Castro

R/ Rego de Auga, 37A (15001 - A Coruña)

correo-e: trc@coruna.gal

www.facebook.com/teatro.rosalia.castro

Documentos:

programa completo TRC Danza 2024 (1 MB)

PROGRAMA:

  • 19 de abril: "Anöa", unha peza de Elvi Balboa, en coprodución co Centro Coreográfico Galego, que propón unha viaxe efímera onde involucrar o corpo para producir unha experiencia emocional e sensorial (Tarifa B)
  • 26 de abril: "Multiperspectivas#2", unha proposta orixinal e novidosa de Paula Quintas, dirixida por Rut Balbís e Arturo Cobas, que combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público (Tarifa B)
  • 27 de abril: "É difícil fotografar o baleiro", espectáculo do Colectivo D'elas no que seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias pero coas limitacións de ser mortais, nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw (Tarifa B)
  • 3 de maio: "Go Figure", da Compañía Sharon Fridman, un espectáculo de danza contemporánea que nace da obra "Shape on us", creada polo propio Sharon Fridman para Vertigo Power of balance (Tarifa Especial)
  • 4 de maio: programa dobre "Otempodiz + A Raiz de"Otempodiz é un espectáculo da Compañía Ertza que analiza as diferentes maneiras que temos de vivir o tempo, a través dunha combinación linguaxes coreográficos urbanos, tradicionais e contemporáneos. "A raía de" é un espectáculo da Compañía Daniel Rodríguez que nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea (Tarifa B)
  • 16 de maio: "Ceibe", de Fran Sieira, un espectáculo de danza contemporánea que reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos (Tarifa A)

Dentro da programación de TRC Primavera 2024 ofertarase ademais un espectáculo para público escolar, no Fórum Metropolitano o 20 de maio: "Placton" da Compañía Big Bouncers (2 sesións: ás 10 h. e ás 12 h.)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión