
O estilo de vida actual, coa presenza aditiva das tecnoloxías e a ultraorganización de horarios, consome o noso tempo de lecer. Polo Día do Libro, as bibliotecas animámoste a recuperalo para ti: tempo para ler, tempo para coñecer. Únete á revolución da lectura!
A maiores da programación cotiá en cada biblioteca, onde procuraremos poñer un recordario especial do 23 de abril, poderás descubrir mostras bibliográficas na maioría de bibliotecas e toda outra serie de accións para festexar este día e reivindicar o libro e a lectura.
Todo é pouco para o noso obxecto favorito do planeta: o libro!
Este 23A pasamos á acción!
Préstamo ilimitado de libros o 23 de abril.
Solta de libros nos arredores dos centros bibliotecarios.
Reto #BookFaceFriday: da biblioteca Castrillón ao mundo.
Club de lectura express: "As voces baixas" (Manuel Rivas) entre o 9 e o 23 de abril e posterior coloquio na biblioteca de Estudos Locais (23 de abril, 17 horas)
Lecturas en voz alta, especialmente do "Manifesto da lectura" de Irene Vallejo, no club de teatro e algúns dos nosos clubs de lectura.
Accións en redes sociais: sigue a @bibcoruna!
Visita a biblioteca!
Se visitas a biblioteca o 23A, poderás desfrutar, ademais do préstamo ilimitado, dunha serie de mostras literarias diversas, dispostas como mínimo ao longo desa semana, que farán as delicias de todas as persoas que amamos o libro. Cal elixirías ti? Ou por que quedar só con unha?
| BIBLIOTECA | MOSTRA | DESCRICIÓN |
| DURÁN LORIGA | A lectura farate libre | No 80ª aniversario da liberación de Auschwitz, recordatorio de sucesos que a humanidade non debe repetir. |
| SAGRADA FAMILIA | Cen anos de palabras | 100 anos do nacemento de catro persoas que fixeron dos libros o seu xeito de vivir. |
| CASTRILLÓN | #BookFaceFriday | Xunto coa exposición das mellores montaxes #Bookfacefriday, atopa ideas para crear a túa propia! |
| FÓRUM | Atemporal: a biblioteca está de moda | Sobre a moda e o seu simbolismo relacionado coa literatura, o cine, os escritores e as convencións sociais. |
| OS ROSALES | Libros adicados | Descubre os tesouros da biblioteca: libros asinados e dedicados polas autoras e autores que nos visitaron. |
| MONTE ALTO | Libros sobre libros | Os clásicos nunca fallan! Desfruta da metaliteratura e dos nosos libros sobre libros favoritos. |
E ademais
E ademais, por se o anterior non abonda, teremos a nosa programación habitual, na que lembraremos unha e outra vez o que nos gustan os libros e o seu día...
Que faremos nas bibliotecas a semana do 23A?
| QUE | ONDE E CANDO |
| Faladoiros nos nosos clubs de lectura e lectura en voz alta (toda a semana). Podes participar no coloquio que terá lugar en Estudos Locais o 23 de abril sobre "As voces baixas". | Varias bibliotecas / toda a semana |
| Merendas con contos (do 21 ao 26). Novas visitas dos ratiños de Lonxedetodo para crianzas entre 3 e 7 anos! | Varias bibliotecas / toda a semana |
| Formación dixital: trámites administrativos en liña (do 21 ao 25). Infórmate na web ou en persoa sobre os nosos cursos. | Bib. Monte Alto e Fórum / toda a semana |
| Presentación de libros: Las cartas del forastero, El poderoso Sir Tristán en la Saga del Prince Valiant (1937-1971) de Harold Foster | Bib. Fórum e Estudos Locais / días 21 e 23 |
| Practicando idiomas: español para estranxeiros (martes e xoves) e conversas en galego (mércores). Sabías que ofreciamos estas opcións? | Bib. Ágora e Sagrada Familia / días 22, 23 e 24 |
| SomosPro: obradoiro de cianotipia (día 23). Para rapaces e rapazas entre 9 e 14 anos. | Bib. Fórum / día 23 |
| Encontros para familias: Educación sexual integral, inclusiva e respectuosa. Para nais e pais con interese no tema. | Bib. Rosales / día 24 |
| Bebencontros. Coñeces este programa para crianzas ata 24 meses e nais e pais? | Bib. Fórum e Rosales / días 24 e 25 |
| Xogo libre cos nosos xogos de mesa, incluídos algúns de temática literaria. Ven o venres 25 á tarde (Fórum e Durán Loriga) e o sábado 26 á mañá (Rosales). | Varias bibliotecas / días 25 e 26 |
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible