Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
04/06/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Charla divulgativa na Biblioteca Os Rosales a cargo de Xavier de Donato dentro do ciclo Ciencia 3.0: do negacionismo ao tecnoutopismo.
Nos últimos anos, de xeito un tanto sorprendente, semella que estamos asistindo a un cambio na percepción pública do coñecemento científico. En paralelo ao auxe das redes sociais, houbo tamén un aumento dos discursos negacionistas que poñen en cuestión a tradicional confianza depositada na ciencia, outrora respetada institución social vencellada ao progreso e o desenvolvemento, aparentemente ilimitado, da humanidade. Durante a pandemia da covid-19, por exemplo, fomos testemuñas de moitas manifestacións públicas de rexeitamento da fiabilidade dos seus resultados. Hai quen interpreta este cuestionamento da súa validez como un indicio dunha perda de autoridade e aprobación en certos sectores da sociedade, que, aínda que non sexan maioritarios, ameaza con crecer e extenderse debido ao novo ecosistema de medios de comunicación, os bulos e a desinformación.
Moitas poden ser as razóns para esta muda na imaxe pública da ciencia. Quizáis poidan ter influido as profundas transformacións que experimentou a propia investigación científica nas últimas décadas, cunha metodoloxía cada vez máis sofisticada e vinculada á tecnoloxía, a chamada tecnociencia. Ou tal vez sexa que non se abordaron de xeito adecuado moitas das interrogantes e incertezas que foron xurdindo na sociedade a consecuencia do impacto crecente da súa actividade. En calquera caso, para intentar despexar dúbidas e aclarar equívocos, dende a Biblioteca Municipal Os Rosales parécenos oportuno abrir un debate sobre o papel da ciencia na actualidade e para iso invitámoste a esta charla no marco do ciclo temático CIENCIA 3.0: DO NEGACIONISMO AO TECNOUTOPISMO, co que tratamos de dar resposta a cuestións básicas, como por exemplo: Que é a ciencia en realidade? Ata que punto é fiable? Existe un só método científico? Cales son os seus límites? Para tratar de respondelas, nesta ocasión contamos coa presencia de Xavier De Donato, profesor de Filosofía da Ciencia e decano da Facultade de Filosofía na USC.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible