Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Recursos web para a autoformación

autoformación

A formación en liña está orientada sobre todo a mellorar as nosas competencias laborais, e adoita ser ofertada por universidades ou institucións de todo o mundo. Este tipo de cursos pode clasificarse en MOOC (cursos en liña abertos e gratuítos, sen límite de participantes), NOOC (similares aos MOOC pero cunha duración de entre 1 e 20 horas) e SPOC (orientados a unha comunidade educativa máis cerrada).

Podes empezar investigando nesta páxina, onde podes filtrar cursos por idioma e materia.

E a continuación compartimos unha pequena selección onde seguro atoparás cursos gratuítos do teu interese.

Principais plataformas para a autoformacion

  • Coursera conta con máis de 2.000 cursos (tanto gratuítos como de pago), en diferentes idiomas e de moitas temáticas diferentes: desenvolvemento persoal, negocios, ciencia, humanidades, informática...

  • MIRÍADAX (apoiada por universidades e institucións iberoamericanas): conta con case 600 cursos sobre saúde, belas artes, redes sociais, comunicación... nos que se inclúen distintos tipos de actividades.

  • Aprender Gratis é unha plataforma que recompila máis de 2000 cursos, titoriais, guías e manuais gratuítos dunha gran variedade de temas: desde arquitectura a técnicas de estudo ou manexo da tensión.

  • UNED oferta cursos moi variados. idiomas, talleres de escritura, traballo social, alfabetización informacional...

  • No Ministerio de Educación na súa páxina de Aula Mentor atopamos unha oferta moi variada: ademais dos habituais de informática, negocios ou idiomas, hai outros como historia da arte, patronaxe para costura, xardinería ou restauración de obxectos antigos. Neste caso moitos deles teñen un custo mensual, pero puntualmente lanzan unha convocatoria de cursos gratuítos.

  • Para quen queira mellorar os seus coñecementos profesionais FUNDAE (Fundación Estatal para a formación no emprego) ofrece cursos gratuítos de formación profesional para o emprego con prácticas profesionais.

  • Fórmate tamén está orientado a traballadoras/es en activo ou no paro.

Plataformas para mellorar a lingua galega e as novas tenologías

  • Se queres mellorar en novas tecnoloxías a Xunta de Galicia, a través de CeMIT busca fomentar a inclusión dixital de toda a cidadanía con cursos presenciais (por agora suspendidos) e en modalidade de teleformación. Tamén o Centro de Apoio Tecnolóxico de Castela-A Mancha ofrece a través da Plataforma Formados-Bilib 60 cursos de iniciación ás TIC. Para os profesionais da educación, tanto E-Graó como INTEF de Educalab , ScolarTIC da Fundación Telefónica ou Reeduca ofrécelles cursos específicos.
  • Queres aproveitar para mellorar o teu nivel de galego? A Xunta de Galicia ofréceche facelo e obter o CELGA e podes estudalo co obxectivo de obter o teu certificado tras un exame pero tamén simplemente polo pracer de aprender (na sección de autoaprendizaxe).

Plataformas para sacar o teu lado máis creativo

  • CREHANA, para quen queira desenvolver o seu lado máis artístico, atoparás cursos gratuítos sobre ilustración, fotografía, animación etc.

  • Tutellus tes, ademais de cursos de pago, outros gratuítos sobre maxia, decoración de festas ou meditación.

Certificados, insignias, diplomas...

A oferta é moi ampla, e podes atopar cursos para todos os gustos e para todos os petos. A gratuidade dos cursos adoita implicar que o feito de superalos non outorga ningún tipo de certificado ou diploma oficial máis aló dunha insignia dixital (para identificar progresos e logros e motivar ás/aos estudantes), aínda que se o necesitas ou desexas podes optar a conseguir o devandito certificado logo do pago previo.

Se o que buscas é aprender, mellorar a túa formación, abrirte a outros campos de coñecemento e satisfacer a túa curiosidade intelectual, estás no lugar adecuado para empezar.

Recursos Accesibles para todos

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión