Xogos de mesa
Persoas adultas, Xuvenil
Mocidade
Persoas adultas
09/05/2026
Dende o 02/05/2026 ata o 08/05/2026
Require inscrición
Das 10.30 ás 13.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Sesión especial, dirixida a mocidade e público adulto, do club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales.
Nesta sesión singular, o noso club de xogos de mesa diríxese a un público mozo e adulto (a partir de 14 anos). Exploraremos un formato diferente: unha selección de xogos deseñados especificamente para dúas persoas.
Nesta actividade, previa inscrición, as participantes poderán mergullarse en xogos de estratexia, confrontación directa e xestión, pensados para gozar do duelo cara a cara. Contaremos con 4 mesas e 2 voluntarios que se encargarán de presentar os xogos e explicar as regras, facilitando así o xogo desde o primeiro minuto.
Anímate a participar da comunidade de xogos de mesa no Barrio dos Rosales. Esperámoste!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible