Contacontos
Infantil, Familias
De 5 a 7 anos
28/10/2021
Xa rematou
Dende o 21/10/2021 ata o 28/10/2021
Require inscrición
de 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.gal
981 184 298
Atréveste a entrar ao noso circo monstruoso?
Se tes entre 5 e 7 anos e xa non es dos que mexas na cama, ven pasar unha tarde arrepiante de Samaín á Biblioteca Fórum. Nela haberá terroríficas sorpresas, horripilantes historias, espavoridos corazóns e monstros, moitos monstros. Máis dos que a túa mente é quen de imaxinar!
Non penses que vas ser un mero espectador!.
Ti tamén serás parte do espectáculo: animando, aplaudindo e chufándote do monstruoso elenco de artistas que descubrirás só aquí.
Non te quedes sen asento, agardámoste.
Queres saber ...
En que consiste CantoConto!?
Programa de animación á lectura dirixido a familias con crianzas de 2 e 3 anos no que achegaremos os libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica. Compartiremos contos, cancións, ladaíñas, poesías,... para iniciar o camiño do hábito lector.
Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión.
Máis informaciónEn que consiste Merendas con Contos...?
É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.
A actividade é executada pola compañía Trinke Trinke Teatro.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible