Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
25/10/2023
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.
A recente concesión do Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2023 a Nuccio Ordine, falecido lamentablemente pouco despois, semella unha boa ocasión para retomar o debate sobre a situación marxinal dos saberes humanísticos tanto no sistema educativo como no conxunto da sociedade actual, onde priman o pragmatismo e a rendabilidade. Na súa obra, o malogrado pensador, escritor e experto en literatura italiano fai unha reprobación desa deriva nos últimos anos e reivindica unha cultura orientada á formación de cidadáns libres e críticos, con capacidade para pensar por si mesmos
Tomando o seu traballo como punto de partida e inspiración, na Biblioteca Os Rosales propoñemos unha reflexión sobre o sentido do pensamento humanístico e o valor dos clásicos coa conversa 'Experiencia, coñecemento: pobreza' a cargo de Alberto Ruiz de Samaniego, que se enmarca dentro do ciclo temático A utilidade do inútil. Unha defensa dos clásicos e as humanidades.
Alberto Ruiz de Samamiego é Doctor en Filosofía e profesor de Estética na Universidade de Vigo, e crítico e comisario de exposicións, como a do Pabellón español na Bienal de Venecia en 2007, por exemplo, ou Andrei Tarkovski. Fidelidad a una obsesión, por citar so dúas de entre moitas outras. Foi tamén director da Fundación Luis Seoane. A súa obra ensaística inclúe títulos como Pintores de la vida moderna (2021) ou La musa inquietante (2022).
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible