Familias, Para público en xeral
Familias
23/02/2019
Xa rematou
Dende o 18/02/2019 ata o 22/02/2019
11.00 horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
É un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral.
Baobab fixo un labor de recuperación de cantigas tradicionais e populares galegas e recorreu ás persoas maiores que lles contaron e cantaron xogos e cantigas de cando eran nenos/as.
O espectáculo fai unha travesía entre temas de propia autoría mesturados con temas de tradición oral e popular, todos eles creados para deleite dos/as máis pequenos/as da casa.
O espectáculo está pensado para as/os máis pequenas/os, de 1 a 3 anos, e a súa duración é de aproximadamente 45 minutos.
Haberá dous pases:
Organizador: Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible