Para público en xeral
30/04/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
55 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Colectivo Glovo
Danza contemporánea
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O último alento antes do salto. Nese instante, entre o derrubamento e o renacemento, nace ALÉN.
ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro intérpretes que nace do desexo de habitar o límite. Explora o "alén" non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Intérpretes:
Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández
Dirección e autoria: Esther Latorre e Hugo Pereira
Coreografía: Esther Latorre
Música e espazo sonoro: José Pablo Polo
Vestiario: Adolfo Domínguez
Iluminación: Xacobo Castro
Asesoría de movemento danza tradicional galega: Iván Villar
Produción: Hugo Pereira · Colectivo Glovo
Duración: 55 minutos
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible