Biblioteca pechada, servizos limitados (consultar)
A biblioteca Os Rosales continúa pechada por obras (non se pode acceder ás salas), pero ten habilitado un punto de atención no mostrador da sala infantil para xestións rápidas (levar en préstamo os libros que están accesibles -pregunta por eles-, entregar lotes á carta, reservar e pedir libros a outras bibliotecas, facer o carné, ou solicitar información). Ademais, pode consultarse a prensa diaria nas instalacións do centro cívico.
Alén diso, hai actividades que continúan organizándose en instalacións do centro cívico ou compartidas con el como: Merendas con Contos, clubs de lectura e de xogos de mesa, cursos de formación dixital, e O Pensatorio.
Consulta máis abaixo o cadro-resumo.
Para calquera dúbida, sempre estamos presentes, no punto de atención da propia biblioteca (mostrador da sala infantil), por teléfono ou no correo electrónico.
Horario do punto de atención na Biblioteca Os Rosales: coincidente co da propia biblioteca.
| Servizos limitados | Onde | Referido a | |
|---|---|---|---|
| Punto de atención ao público | Mostrador da sala infantil (planta baixa) | Trámites rápidos (levar en préstamo os libros que están accesibles -pregunta por eles-, entregar lotes á carta, reservar e pedir libros a outras bibliotecas, facer o carné, ou solicitar información) | |
| Hemeroteca | Mesas do Centro Cívico | Consulta da prensa do día | |
|
Auditorio do Centro Cívico | Merendas con Contos | |
| Actividades sen cambios | Aula de actividades | Clubs de lectura, club de xogos de mesa, cursos de formación dixital, e O Pensatorio |
| Servizos cancelados | Onde | Referido a |
|---|---|---|
| Acceso libre ás salas e á colección | - | Sala de adultos e infantil |
| Postos de ordenadores | - | Salda de adultos e infantil |
| Postos de lectura | - | Sala de adultos e infantil |
| Actividades canceladas | - | Todas as non referidas en servizos limitados |
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible