Encontros e presentacións
Persoas adultas
19/12/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
19 h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
María Reimóndez (Lugo, 1975) é unha moi prolífica muller galega, grande amiga do club de lectura QUEERuña, que publicou o seu primeiro libro no ano 2002 (o poemario Moda galega).
Desde ese momento sucédense case unha trintena de publicacións e múltiples premios. Novela, poesía, ensaio, contos infantís; creación, tradución... nada se lle resiste a esta prodixiosa muller que participou tamén en diversas e variadas obras colectivas.
Algunhas obras súas, dispoñibles nas bibliotecas, son Bárbaras, Furia, Desde o conflito e a súa recentísima Retorno, que vén completar a triloxía "Os seres completos", que dá inicio con Cobiza e continúa con Multitudes.
É precisamente este último, Multitudes, o título que están a ler os tres grupos do club de lectura LGTB QUEERuña, grazas á colaboración coa Biblioteca da Deputación da Coruña, que nos dá acceso ao título en formato dixital a través da plataforma de préstamo electrónico ebibliodacoruna, na que podes inscribirte se tes o carné de calquera biblioteca pública da provincia.
A entrada é libre ata completar a capacidade.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible