Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Faladorio: O dereito á cidade, o seu acceso e sociabilidade

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acesso libre até completar capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 horas

Duración:

1 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade".

O martes 3 de maio ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano o faladoiro co arquitecto e urbanista Savio Guimaraes que nos achegará á problemática actual da convivencia entre a nenez, a mocidade e a terceira idade nas cidades.

A charla estará centrada nos aspectos máis vulnerables xa que a segmentación en espazos  segregantes das cidades interfire directamente no dereito de todas as persoas á sociabilidade e á calidade de vida posible desde o coñecemento compartido a través do diálogo e a sensibilidade cara ao outro e a súa alteridade.

Savio é arquitecto e urbanista con doutoramento en Planificación Urbana e Rexional e leva os últimos vinte anos traballando entre clases e investigacións académicas e institucionais co patrimonio cultural e a planificación urbana e rexional. Entre diversos aspectos destes campos do coñecemento está centrado no tema da  etariedade nas cidades, cada vez máis estudado pola academia e reivindicado por grupos afíns.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión