Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Falando a Boca Chea: contacontos con Marta Ortiz

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 2 a 4 anos

Cando:

16/04/2026

Inscricións:

Dende o 09/04/2026 ata o 16/04/2026

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 h

Duración:

1 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.

O martes 16 de abril ás 18.00 h recibimos, na Biblioteca Fórum, a Marta Ortiz neste contacontos para nenos e nenas de 2 a 4 anos.

Casa, casiña, casona

Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... Tamén imos coñecer as súas persoas  habitantes: animais que falan, obxectos cotiáns e máxicos, familias diversas e asombrosas...

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levado/a pola súa propia curiosidade.

Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas... que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión