Contacontos
Infantil, Familias
Dirixido a nenos e nenas de 2 a 4 anos
17/04/2026
Dende o 10/04/2026 ata o 17/04/2026
Require inscrición
De 18.00 a 19.00 h
1 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.
O martes 17 de abril ás 18.00 h recibimos, na Biblioteca Fórum, a Ramiro Neira neste contacontos para nenos e nenas de 2 a 4 anos.
Xogamos?
Sabemos que o xogo é a maior ferramenta de aprendizaxe que temos... Pois nesta sesión de narración oral é precisamente o que imos facer.... Xogar!!!!
Xogar cos nosos corpos...
Xogar coas nosas voces....
Xogar co noso ritmo...
Xogar entre nós.....
Xogar coa nosa imaxinación...
En definitiva.... Xogar a través dos Contos!!!!
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible