Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina" de Ilian Pappé

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

15/12/2025

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 15 de decembro ás 19.00 h, na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina" de Ilian Pappé (Editorial Galaxia). 

Presentación a cargo do traductor da obra, Carlos Aymerich.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros

Resumo:

Pappé expón en Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina as raíces coloniais do enfrontamento, desmontando mitos sobre a súa suposta complexidade. Explica como o sionismo, con apoio occidental, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o conflito nunha loita desigual. Destaca a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e as circunstancias actuais en Gaza e Cisxordania como fitos dun proceso de limpeza étnica.O seu relato desafía a narrativa oficial e esixe xustiza histórica.

Ilian Pappé

(Haifa, 1954) é profesor de Historia na Universidade de Exeter, Reino Unido, codirector do Centro Exeter de Estudos Etno-Políticos. Foi profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Haifa, onde tamén é director do Instituto Emile Touma de Estudos Palestinos.

Acceso libre até completar a capacidade.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión