Outras actividades
Persoas adultas
11/10/2025
Xa rematou
Dende o 04/10/2025 ata o 11/10/2025
Require inscrición
Das 11.00 ás 13.30 h
2.5 h
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
bmontealto@coruna.gal
Teléf.: 981 184 382
Dentro do programa de Biblioteca Verde, dedicado este ano aos efectos do cambio climático en Galicia, propoñemos unha ruta pola ría do Burgo.
A ruta estará a cargo de Teresa Ramiro (mariscadora da ría do Burgo) e Xandre García, de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Teremos unha charla sobre os efectos do cambio climático en Galicia, concretamente sobre o marisqueo.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible