Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O libro misterioso dos Ratos de Lonxedetodo

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

Cando:

Dende o 22/02/2021 ata o 12/06/2021

Xa rematou

Contacto:

Sabías que todas as amizades dos ratos de LonxeDeTodo poden ter un carné de Rato?

Con el parecerás Fuco, Pillo, Lili, Carolina...

O que pasa é que non todo o mundo pode ser un rato, porque xa sabedes que os ratos de "LonxeDeTodo" son moi lectores e coñecen moitos contos!.

Pero nós traemos a solución para que o consigas: se queres ser "Rato" tes que coñecer un montón de contos. Coñeces ou non coñeces moitos contos? Seguro que sí.

Nas bibliotecas imos facer un xogo: entregarémosche unha chequeira con billetes para que vaias adiviñando os "libros misteriosos" dos que os Ratos de Lonxedetodo irán dando pistas nas distintas emisións en streaming.

Para adiviñar o libro de cada sesión, poderás tamén achegarte á túa biblioteca e darémosche máis pistas para axudarche co misterio e, cando o descubras, cuñaremos o billete da túa chequeira. Só tes que adiviñar un número determinado de contos e... listo! o carné de Rato Honorífico de Lonxedetodo será teu.

Que che parece?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión