Fotografía de José Miguel S.
Talleres
Infantil
De 6 a 12 anos
14/10/2015
Xa rematou
Dende o 07/10/2015 ata o 14/10/2015
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Queres coñecer a un rei e a unha raíña? Queres saber como se moven evitando ser derrotados? Torres, alfís, cabalos e peóns deféndennos evitando o tan temido xaque mate
Coa colaboración da Escola técnica de xadrez da Coruña coñeceremos este xogo/deporte cun obradoiro no que nos van descubrir os movementos das pezas sobre o taboleiro así coma outros divertidos xogos de inxenio.
Non esquezas pescudar entre a selección de materiais sobre o xadrez que temos preparada...
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible