Encontros e presentacións, Charlas e debates
Persoas adultas
10/03/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
18.30 horas.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Presentación e coloquio do libro "El universo del hombre azul" de Pedro Calatrava Labandeira.
O luns 10 de marzo ás 18.30 horas terá lugar na Biblioteca Os Rosales a presentación do libro "El universo del hombre azul" de Pedro Calatrava Labandeira, obra gañadora do I Premio Fundación Mediterráneo.
Nacido en Madrid en 1958, Pedro Calatrava trasladouse á Coruña en 1965, onde reside desde entón. Cursou estudos de Medicina, Psicoloxía e Dereito. A súa vida laboral desenvolveuse na industria química. No apartado creativo, escribiu algúns contos e relatos breves sen publicación nin exposición así como colaboracións esporádicas de texto e cómic en blogs e publicacións de ámbito variado.
O escritor, veciño dos Rosales e debutante no mundo literario, impúxose entre máis de 933 orixinais presentados ao concurso convocado pola Fundación Mediterráneo e a Universidade de Murcia.
A novela narra a evolución persoal dun home na idade madura que será capaz de atopar, a través de diversas peripecias e unha vez xubilado, o seu sentido na vida. Tratase dunha obra de formación na idade madura.
Non dubidedes en acompañarnos para descubrir todos os seus misterios!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible