Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primaletras: Encontro con Rubén Ruibal

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos.

Cando:

24/03/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio).

Para celebrar o Día Mundial do Teatro, recibiremos na biblioteca a Rubén Ruibal, actor, escritor e dramaturgo galego, que foi gañador do Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Con el falaremos do panorama do teatro galego actual, tanto no aspecto escénico como literario. Como condutor deste encontro teremos a Fernando Morán, actor galego que representou "Limpeza de sangue", a obra de Ruibal gañadora do Premio Nacional. Remataremos coa lectura dramatizada de duas escenas da obra premiada, a cargo do Club de Teatro Lido da biblioteca Sagrada Familia.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión