Concertos e recitais
Para público en xeral
2 de maio de 2025
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Co motivo do Día das Letras Galegas, Normalización Lingüística organiza o AgoraSón primavera 2025.
Normalización Lingüística volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
O Día das Letras Galegas dedícase este ano á poesía popular oral (personificada en seis cantareiras e pandeireteiras) e o AgoraSón conmemorarao co concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria.
Xosé Lois Romero e Aliboria son uns grandes renovadores da música de raíz e folk. Nos seus proxectos teñen temas tradicionais e innvovadores, xiran arredor do canto tradicional feminino e da percusión tradicional e mestúrana coa vangarda, co contemporáneo. Afirman que "a tradición galega é moi feminina, tanto o canto como a percusión en Galicia é obra das mulleres", e isto é o que este AgoraSón vai celebrar.
O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o venres 30 de maio, ás 21.00 horas.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais a partir do venres anterior, o 23 de maio.
Repartimento de invitacións
Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CD de música etc.) dende o venres 23 de maio, nas bibliotecas municipais, no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de repartimento:
Consulta os Horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.
Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible