Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

74 resultados

  • Ciclo Biblioteca Verde: Naturaliza o teu barrio

    Cuándo:

    Los días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024

    As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.

  • Bautismo de escalada

    Cuándo:

    04/05/2024

    A AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) organiza, no rocódromo de Riazor, un bautismo de escalada.

  • Concerto das Letras Galegas 2024

    Cuándo:

    16/05/2024

    O Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, organiza no Teatro Colón o Concerto das Letras Galegas 2024, no que o Grupo Instrumental Siglo XX e o baixo-barítono Daniel Mosquera farán a estrea absoluta de "Concerto para un home só", unha obra orixinal do compositor Federico Mosquera con texto de Luísa Villalta. O programa inclúe tamén obras de Antonio Vivaldi e de Edmond Buharaja.

  • A táctica do colibrí

    Cuándo:

    Desde el 25/04/2024 hasta el 13/10/2024

    A Fundación Luis Seoane acolle a exposición "A táctica do colibrí" ,a cal afonda na relación entre activismo educativo e dereitos humanos a través de iniciativas como A Escola Libre de Cerámica de Sargadelos, a Escola Experimental de Arte de Deba en Guipúzcoa e outras propostas semellantes.

  • Xornada "Desinformación e Fake News: Unha Ameaza para a Democracia?"

    Cuándo:

    10/05/2024

    A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña organiza en maio a xornada "Desinformación e Fake News: Unha Ameaza para a Democracia?"

  • "As galas do defunto ... e outros esperpentos"

    Cuándo:

    11/05/2024

    O auditorio do Fórum Metropolitano acolle a representación de "As galas do defunto ... e outros esperpentos", unha peza teatral de Cardume Teatro baseada na obra completa de Valle Inclán "Las Galas del Difunto" e nalgúns textos e personaxes doutros esperpentos como "Luces de Bohemia" e "Los Cuernos de Don Friolera".

  • XXIII Ciclo de música para unha época

    Cuándo:

    Los días 28/04/2024, 26/05/2024, 02/06/2024

    O Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha nova edición do "Ciclo de Música para unha época", un programa que combina a música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

  • Axudas para participar nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño

    Axudas para a participación nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.

  • 2º aniversario da editorial Menino Morreu. Presentación libros

    Cuándo:

    27/04/2024

    A Editorial Menino Morreu celebra o seu 2º aniversario no Centro Social Gomes Gaioso, coa presentación de dous libros.

  • Xornada de portas abertas no CMUS

    Cuándo:

    Desde el 02/05/2024 hasta el 08/05/2024

    O Conservatorio Superior de Música da Coruña organiza unhas Xornadas de Portas Abertas para dar a coñecer tanto as súas instalacións como as diferentes especialidades/itinierarios das Ensinanzas Superiores de Música.

resultados 74

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión