A Asociación Galega Para A Saúde Sexual (AGaSEX) é una entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2004 na Coruña para retomar o traballo que viña desenvolvendo dende o ano 1991 a Asociación Galega de Planeamento Familiar e Educación Sexual.
Dende AGaSEX, fanse actuacións sociais e de incidencia educativa encamiñadas a que tanto a Igualdade (de Xéneros e de Orientacións Sexuais) como á Saúde e os Dereitos Sexuais e Reproductivos, sexan unha realidade dentro da nosa Comunidade Autónoma pero tamén fora dela, xa que forman parte da Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE) e da Federación Internacional de Planificación Familiar (IPPF), rede que agrupa a ONGs de mais de 170 países.
O seu traballo lévano a cabo por medio de atencións e asesorías telefónicas (no Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade), dos seus correos electrónicos e tamén por medio de intervencións socio-educativas, moitas veces en colaboración con outras asociacións, entidades e organizacións locais, autonómicas e do resto do Estado.
Desde el 04/05/2024 hasta el 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Desde el 02/05/2024 hasta el 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible