Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
240 bolsas de introdución á investigación JAE INTRO 2026 no CSIC
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca bolsas de introdución á investigación para estancias nalgún dos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas coas que conta o CSIC.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 11/04/2026
Duración:
7 meses.
Requisitos:
Persoas matriculadas nun Grao Oficial de 240 ECTS no curso académico 2025-2026 e ter como mínimo 180 ECTS superados nese Grao.
Persoas matriculadas nun Grao ou nun Dobre Grao Oficial de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2025-2026, e ter superados como mínimo 240 ECTS nese Grao ou Dobre Grao.
Finalizar o Grao e estar matriculadas nun Máster Universitario Oficial durante o curso académico 2025-2026 ou 2026-2027.
Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura, nunha escala decimal de 0- 10 e con 2 decimais, igual ou superior a 7,50 para todos os ámbitos do coñecemento. As persoas solicitantes que non finalizasen os estudos de Grao deberán acreditar estas notas medias para os ECTS superados ata a data de presentación da súa solicitude.
Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor/a.
Non ser persoa beneficiaria de ningunha bolsa do programa JAE en convocatorias anteriores.
Remuneración / Dotación:
A contía total de cada bolsa ascende a 4.200 euros (600€/mes).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible