Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Fundación Romanillos a estudantes con poucos recursos económicos

A Fundación Romanillos convoca para o curso 2026-2027 bolsas destinadas a estudantes con poucos recursos económicos para realizar estudos en calquera centro público ou privado de España.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 07/04/2026

Prezo:

Contía por bolsa: a que se solicite por ou para o Bolseiro, sen máis limitacións que as que o Padroado estime oportunas, previo estudo das circunstancias económico-familiares e do expediente académico dos solicitantes. Valorarase a simultaneidade dos estudos co traballo.

Requisitos:

  • A renda familiar dos solicitantes non poderá exceder, para o curso 2025-2026 de:
    • Familia de 1 membro 11.130 €
    • Familia de 2 membros 24.800 €
    • Familia de 3 membros 32.400 €
    • Familia de 4 membros 38.370 €
    • Familia de 5 membros 43.665 €
    • Familia de 6 membros 48.515 €
    • Familia de 7 membros 53.310 €
    • Familia de 8 membros 57.950 €
    • - A partir do oitavo membro, sumaranse 4.655 € por cada novo membro.
  • Non se concederán bolsas para realizar estudos de posgrao, como norma xeral.

Páxina web:

www.fundacionromanillos.es

Contacto:

Fundación Romanillos

R/ Príncipe Vergara, 13, 2º (28001- Madrid)

Tel.: 91 575 54 12

correo-e: info@fundacionromanillos.es

Publicación: BOE 02/03/2026

Ao mesmo tempo, a Fundación Romanillos convoca a Premio Enrique Rodríguez-Marín á Excelencia Académica co que premiará ao bolseiro que finalizase os seus estudos co mellor expediente académico do curso correspondente (2026-2027):

  • Seleccionarase entre todos aqueles bolseiros que obtivesen a cualificación de notable como nota media mínima no curso 2026-2027.
  • Outorgaranse tres premios e unha mención especial segundo os estudos:
    • 1.700 €: Estudos Universitarios.
    • 1.200 €: Ciclos Formativos de Grao Superior.
    • 800 €: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
    • Mención especial a ESO.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión