Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

V Congreso Memoria diversa

A V edición do congreso "Memoria Diversa", promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, propón unha fonda reflexión arredor do papel da Igrexa como institución clave na construción histórica das normas sociais sobre o corpo, o sexo e o xénero. A través de perspectivas históricas, activistas, culturais e divulgativas, o programa analizará os mecanismos de control, represión e, sobre todo, as estratexias de resistencia fronte á diversidade sexual e de xénero durante a Ditadura e a Transición. Esta nova edición, terá lugar no Espazo de Intervención Cultural "Normal" da Coruña.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

06/06/2026

Horario:

de 10:00-14:00 e de 16:00-20:00h

Precio:

de balde. Entrada libre até completar cabida.

Página web:

www.dacoruna.gal/igualdade-e-dereitos-civis

Contacto:

Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña

Avenida Porto da Coruña, 2. 15003- A Coruña

tel: 981 415 274  ext. 15274

e-correo: igualdade@dacoruna.gal

Crear espazos de encontro e reflexión arredor da memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galiza é o obxectivo central do Memoria Diversa.

Lugar: Espazo de Intervención Cultural Normal R/ Paseo de Ronda, 47. 15011- A Coruña

Ademais, co obxectivo de espallar este coñecemento e facilitar o acceso a investigadoras e público xeral, as xornadas emitiranse en streaming a través da canle de YouTube da Deputación da Coruña, onde o material quedará aloxado como arquivo histórico.

A xornada de mañá arrancará ás 10:00 h coa inauguración a cargo de Sol Agra Tuñas, seguida da intervención da historiadora Guillermina Domínguez, quen falará sobre a homosexualidade negada das mulleres no franquismo. A continuación, a mesa "Por que ninguén falou delas?" abordará a represión do Padroado de Protección á Muller a través de Silvia Fernández Quinteiro, Belén Cillero e Daniela Ferrández. A mañá pecharase cun espazo dedicado aos arquivos da memoria queer, coa participación da Fundación 26 de Diciembre, a Asociación Palestra e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Pola tarde, o congreso abordará a memoria do activismo e as denominadas terapias de conversión. Contarase coas testemuñas de Pablo Andrade e Rubem Centeno (Maribolheras Precarias / Colectivo Gai Compostela) e do avogado e presidente de 'No es terapia', Saúl Castro. O eixe cultural e literario virá da man de Fernando Olmeda (autor do fito El látigo y la pluma) e Andrea Momoitio (Farsante). O broche de ouro porao o peche musical de Lucía Aldao.

Como en edicións anteriores, as mesas estarán presentadas e moderadas polas principais entidades do asociacionismo LGBTIQA+ galego actual: LesCoruña, Arelas, Avante LGBT, ALAS Coruña e o club de lectura QUEERuña.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión