Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Axudas da UDC para estudantado afectado por causas sobrevidas no curso 2025/2026

A Universidade da Coruña convoca axudas económicas destinadas a estudantado da UDC que, por circunstancias persoais, familiares ou económicas sobrevidas durante o período do 1 de setembro de 2025 ata o 31 de maio de 2026, se atopen nunha situación precaria que poida afectar á continuidade dos seus estudos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 31/05/2026

Requisitos:

  • Estudantado matriculado en estudos oficiais de grao ou máster da UDC, que manteña a súa matrícula durante todo o curso académico 2025/26.
  • Cumprir co requisito socioeconómico principal: as solicitantes deberán acreditar que a súa unidade familiar sufriu unha diminución drástica de ingresos como consecuencia directa dunha situación sobrevida ocorrida desde o 1 de setembro de 2025 ata o 31 de maio de 2026. Entenderase como causa sobrevida:
    • - o falecemento dalgunha das persoas proxenitoras ou sustentadoras principais da unidade familiar
    • - o desemprego dalgunha das persoas proxenitoras ou sustentadoras principais da unidade familiar
    • - a separación/divorcio das persoas proxenitoras do/a estudante, ou do propio estudante se tivese cónxuxe
    • - o recoñecemento dunha discapacidade acreditada superior ao 33 % emitida entre o 01/09/2025 e o 31/05/2026
    • - o accidente ou enfermidade grave da persoa solicitante ou doutro membro da unidade familiar (1.º ou 2.º grao) que comporte importantes gastos médicos ou de coidados, ou que impida traballar a quen achegaba ingresos
    • - a acollida, desamparo ou abandono familiar da persoa solicitante
    • - outras circunstancias, sociais ou excepcionais, que teñan un impacto económico negativo.
  • Non dispor dunha titulación de igual ou superior nivel á que está cursando e para a que solicita a axuda.
  • Non superar os limiares de renda familiar establecidos no Real decreto 163/2025, do 4 de marzo de 2025, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías e axudas ao estudo para o curso 2025/26
  • Estar matriculada nun mínimo de 30 créditos, agás nos casos de finalización de estudos

Remuneración / Coste:

A contía de cada axuda terá un importe máximo de 1.000 €

Página web:

www.udc.gal

Contacto:

Sección de Bolsas da UDC

Pavillón de Estudantes - Campus de Elviña (15071 - A Coruña)

Tel.: 981 167 000 

correo-e: bolsas@udc.gal (indicando no asunto "Causas Sobrevidas")

SOLICITUDES: tramitaranse a través do formulario dispoñible na web www.udc.es/gl/sape/bolsas_axudas_premios/plan-propio-da-udc/axudas-causas-sobrevidas 

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión