Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para compra de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 15/04/2026 hasta el 15/10/2026

Remuneración / Dotación:

 A contía máxima da axuda determinarase en función da modalidade da axuda que se solicite e terá o límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición:

  • Modalidade A, a contía máxima da axuda será a seguinte:
    • Ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
    •  Ata 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
    • No suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.
  • Modalidade B, a contía máxima da axuda será a seguinte:
    • No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
    • No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.

No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria que adquira unha parte dela determinarase aplicando a porcentaxe de cota adquirida ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido o 100 % da vivenda.

Página web:

https://igvs.xunta.gal/

Contacto:

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Tel.: Teléfono: 981 957 887 / 981 541 982 / 981 957 529

planificacion.igvs@xunta.gal

Publicación: DOG 07/04/2026

Procedemento sede electrónicaVI501A

Documentos:

Cadro resumo (99 KB)

Requisitos comúns

  • Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da UE ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública formalizada con anterioridade á referida data (ver excepcións na convocatoria)
  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español (ver excepcións na convocatoria).
  • Para poder acceder ás axudas é preciso que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude.
  • No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados para poder ser beneficiaria da axuda.
  • Poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A), lles fose denegada por esgotamento do crédito

Modalidade A: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico

  • Vivenda:
  • Contrato:
    • Ter subscrito con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nestas bases. 
  • Persoas beneficiarias:
    • Ingresos iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.
    • O requisito do empadroamento só será exixible no momento da finalización das obras, para o suposto de que fora necesaria a súa rehabilitación.

Modalidade B: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado

  • Vivenda:
    • A vivenda debe ter sido cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertada, e debe tratarse dunha adquisición en primeira adxudicación ou transmisión.
    • Ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivenda
    • O prezo máximo será o previsto na cualificación definitiva.
  • Contrato:
    • Ter subscrito con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta convocatoria.
    • O contrato privado deberá estar visado pola área provincial do IGVS.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión