Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

O son da palabra galega

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2021

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

13/06/2021

Ya ha finalizado

Horario:

20:00 h 

Dirección:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Precio:

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto fóra como dentro do local. Accederase de forma ordenada gardando a distancia de seguridade mínima de metro e medio.
  • Na espera, acceso e permanencia no interior do recinto, atenderanse as instrucións do persoal en todo momento e deberase:
    • Usar máscara de forma obrigatoria
    • Prestar atención e cumprir a información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.
    • Prestar atención e respectar as sinalizacións en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, espera de quenda etc.
    • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír das dependencias e dos aseos.
  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

RECOMÉNDASE:Limitar o máximo posible o uso dos aseos.Actuar con responsabilidade.

Soledad Vidal Devesa (soprano) e Aurelio Viribay Salazar (pianista)

Recital lírico centrado no xénero da Canción de Concerto, que supone unha das unións máis sublimes e fermosas entre poesía e música.

Este xénero tivo o seu máximo esplendor na primeira metade do século XX, dada a proliferación de compositores interesados por el e a intensa creación musical neste ámbito. Unha boa parte dos máis destacados recorriron á poesía galega para as súas cancións.

O programa abarca dúas liñas creativas. Por un lado, cancións inspiradas no folclore popular galego, rescatadas polos compositores coa intención de enriquecelo e actualizalo; e por outra parte, unha antoloxía de cancións de compositores tan importantes do século XX como E. Toldrá, J. Rodrigo, F. Mompou ou Antón García Abril, baseadas nos textos dalgúns dos poetas máis emblemáticos da literatura galega: Rosalía de Castro, Castelao, Ramón Cabanillas, Vicente Risco ou Celso E. Ferreiro, entre outros.

O resultado desta "asociación artística" son creacións únicas, cheas de matices, nas que a música ponse ó servizo do texto e este cobra unha dimensión nova. As palabras de amor e desamor, de paixón e saudade pola terra, de esperanza, de humor e comicidade dos poetas galegos soan con intensidade e cunha beleza que trascende á propia palabra.

Estamos ante un proxecto caracterizado pola fondura e variedade das súas cancións, que o pianista Aurelio Viribay interpreta cunha sensibilidade e maestría únicas. En canto á soprano Soledad Vidal, a súa vinculación vital e emocional coa cultura galega fai que o repertorio cobre unha intensidade e entrega ante as que o público non pode máis que emocionarse; en definitiva, un proxecto que consegue captar e transmitir a esencia galega.

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión