Charlas e debates
Persoas adultas, Familias
26/03/2026
De 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Acceso libre ata completar capacidade
981 189 886
O cambio climático comeza no interruptor da túa casa.
No marco da programación de Biblioteca Verde das Bibliotecas Municipais da Coruña e en colaboración coa Concellaría do Medio Ambiente e Sostibilidade, celébrase "A hora do planeta" unha charla divulgativa onde descubrirás como pequenos xestos cotiáns poden aforrar enerxía e ter impacto desde o local ata o global, desde a túa casa ata o planeta.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible