Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Biblioteca verde: Simplemente RESPIRA

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

21/10/2015

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Antonio Picallo

bforum@coruna.es

981184298

Vida sinxela, hábitos naturais e tradición actualizada ás linguaxes e necesidades de hoxe. Apetéceche?

Dentro do ciclo con alternativas prácticas que facilitan a transición a un estilo de vida sostible, facendo fincapé en aspectos tan básicos como a alimentación, a hixiene, o traballo ou a educación, presentámosche "Simplemente RESPIRA", o primeiro de 7 encontros dentro do ciclo "Simplemente VIVE", a nosa proposta para neutralizar o asfalto, a présa e a desconexión na que vivimos e experimentar sinxelamente unha VOLTA Á ORIXE.

Tes a sensación de que non tes tempo para nada e moito menos para ti? O Mindfulness é a ferramenta que necesitas para aprender a vivir con atención plena ao teu día a día. Esta técnica axudarache a gozar de cada momento e, isto é o mellor, a sacarlle máis partido ao teu tempo!

Con Manu Mariño, Terapeuta Mindfulness, Asesor e Formador en Mindfulness. Director do Espazo Quietud en Santiago de Compostela.

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión