Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Charla: Voluntariado en África. Un voluntariado diferente

Tipo de actividade:

Charlas e debates

Tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

19/02/2020

Entrada libre ata completar a capacidade

Este evento xa rematou

Horario:

de 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Realidades invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuír a paliar os retos que ten a nosa sociedade, todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

ODS núm. 1: Poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo

ODS núm. 3: Garantir unha vida sana e promover o benestar para todos e todas as idades.

ODS núm. 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.

ODS núm. 10: Reducir a desigualdade entre e nos países.

Beatriz rematou a carreira de INEF e tivo a sorte de ser bolseira pola Universidade da Coruña para realizar un proxecto relacionado cos seus estudos nun país en vías de desenvolvemento e coñecer a realidade del. Aproveitou a oportunidade para escoller como destino a República Democrática do Congo. Alí pasou a súa estancia como voluntaria nunha pediatría/orfanato con hospital incluído, con máis de 600 nenas e nenos de todas as idades. Unha experiencia excepcional, indescritible e irrepetible pola intensidade vivida, as emocións transmitidas polo lugar e as súas persoas, así como polas sensacións que invitablemente explotaron. A estadía permitiulle coñecer a realidade do país, se cadra demasiado de preto... unha realidade marabillosa e terrible ao mesmo tempo. As tarefas diarias de ensinar matemáticas, regras e prácticas do deporte, normas básicas de hixiene, dar agarimo, axudar no que puidese, dar clases de español... que enchían de felicidade a Beatriz víronse truncadas por un suceso que ela mesma quere compartir con todos nós. Con este manifesto quere dar a coñecer o amor e apoio ás adolescentes orfas da devandita pediatría convertida en ONG: "Croire en elles" (crer neles)/nelas).

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema, de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou profundar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir indagando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión