
É a hora de empezar a ler en dixital. Podes facelo en liña ou mediante a descarga temporal do material, ti elixes!
Lembra que por ser socio das Bibliotecas Municipais da Coruña tamén podes acceder á plataforma de préstamo de libros electrónicos eBibliodaCoruña.
Que é eBibliodaCoruña?
Unha plataforma de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.
Que preciso para darme de alta?
Darse de alta é moi sinxelo
A través da ligazón de Alta no préstamo electrónico.
Como accedo ao catálogo de libros electrónicos no móbil?
Ademáis da propia web eBibliodaCoruña, podes descargar a APP da plataforma, desde onde che resultará moi sinxelo elixir a túa seguinte lectura.
Para saber máis
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible