Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Comics e banda deseñada

Comitecas nas bibliotecas

O cómic é moito máis ca entretemento, tamén coñecido como banda deseñada é unha forma de contar historias que combina palabra e imaxe para emocionar, facer rir, divulgar, cuestionar a realidade ou achegarse a calquera tema desde unha perspectiva diferente. Hoxe ocupa un lugar destacado na creación cultural contemporánea e conta con obras dirixidas a persoas lectoras de todas as idades, capaz de abordar todo tipo de xéneros e temáticas: aventura, humor, fantasía, ciencia ficción, historia, biografía, divulgación ou reflexión social, entre moitas outras.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña entendemos o cómic como unha parte fundamental da cultura e da lectura. Por iso, as nosas coleccións inclúen obras para todas as idades e intereses, desde os primeiros cómics para a infancia ata novelas gráficas, manga, banda deseñada galega, clásicos do cómic europeo e americano ou obras de autores e autoras contemporáneas.

Leva os cómics a casa

Existe a opción de levar en préstamo os cómics. Se queres saber as condicións, pica a ligazón do teu interese:

Non sabes por onde empezar? Consulta as nosas recomendacións de lectura ou déixate asesorar polo persoal bibliotecario, que estará encantado de axudarche a atopar o cómic perfecto para ti.
Comics nas bibliotecas

Como buscar no catálogo?

Queres descubrir novas lecturas en banda deseñada? No catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña podes localizar facilmente todos os cómics dispoñibles.

Abonda con escribir o termo "cómics" no buscador do catálogo para acceder á colección. Desde os resultados poderás explorar obras para público infantil, xuvenil e adulto, ademais de manga, novela gráfica, clásicos, superheroes, banda deseñada galega e moitas outras propostas.

Ao seleccionar un título accederás á súa ficha bibliográfica, onde poderás consultar a súa dispoñibilidade, as bibliotecas nas que se atopa, a súa localización e, se o desexas, realizar unha reserva para recollelo na biblioteca que che resulte máis cómoda.

Próximas actividades sobre Cómic

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión