Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Día do Libro 2026

Cartaz Día do Libro

O 23 de abril as Bibliotecas Municipais da Coruña convidan a toda a cidadanía a celebrar o Día do Libro baixo o lema "Un libro, unha historia" participando nas actividades programadas e visitando as bibliotecas para descubrir os libros que gardan e as súas fascinantes historias.

O acto central terá lugar na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, o propio xoves 23 de abril, ás 19:30 horas, e consistirá no parladoiro "A lectura é un dereito humano?", coa intervención do profesor de Dereito Constitucional Fernando Flores, quen formulará a posibilidade de abordar a lectura como un dereito humano, acompañado por Daniel Granados, investigador e xestor experto en dereitos culturais.

Neste diálogo reflexionarase sobre o acceso á lectura como ferramenta de igualdade, cidadanía e liberdade, e da lectura como dereito clave para garantir o exercicio e cumprimento dos dereitos humanos.

A asistencia ao parladoiro, dirixido a calquera persoa interesada no tema e, especialmente, a profesionais do mundo do libro, a xestión cultural e a intermediación literaria, será de entrada libre ata completar capacidade.

Ademais deste diálogo, festexarase o Día do Libro, como vén sendo habitual, con soltas de libros nos arredores das bibliotecas, e con mostras, recomendacións e outras accións especiais para esta data.

También te puede interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión