Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
hasta el 30/06/2026
A biblioteca Miguel González Garcés celebra a declaración do 'Ano Oteriano' cunha exposición no primeiro andar.
Hasta el 15/06/2026
Bolsa de Emprego Temporal para o desempeño provisional de postos de traballo na Escola Municipal de Música da Coruña
27/06/2026
No marco do Festival Atlántica Miúda, a biblioteca pública Miguel González Garcés acolle o espectáculo musical “As historias de Bemol Pequeno“, da man de Música miúda.
Hasta el 08/06/2026
La Empresa Municipal de Servicios Urbanos Municipales de Arteixo S.A. (SUMARTE) convoca proceso selectivo, por el sistema de concurso-oposición, para la creación de una bolsa de empleo de personal laboral temporal para el puesto de operario/a de aguas.
Hasta el 10/06/2026
O Concello de Pontedeume convoca proceso selectivo, a través do procedemento de oposición libre, para a contratación de catro traballadores/as, persoal laboral temporal, para a a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do concello.
Hasta el 03/07/2026
A Fundación Galicia Europa convoca dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galicia Europa.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible