Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo «MIG/MAG» (FMEC0119)

    Cuándo:

    Desde el 14/09/2026 hasta el 11/03/2027

    Certificado profesional gratuito destinado a persoas demandantes de emprego da Provincia da Coruña impartido por Soldeo.

  • Cursos de Natación de Riazor - Verán 2026

    Inscripciones:

    • do 18/06/2026 ao 29/06/2026 para os cursos de xullo
    • do 01/07/2026 ao 27/08/2026 para os cursos de setembro

    O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, abre o prazo de inscrición para a oferta de prazas nas actividades acuáticas da Piscina Municipal de Riazor correspondente ao período de xullo e setembro de 2026.

  • Bolsa socorristas - Concello de Ortigueira

    Inscripciones:

    Hasta el 19/06/2026

    Proceso selectivo para a constitución dunha bolsa integrada con persoal susceptible de ser nomeado funcionario interino da escala de administración especial, subescala auxiliares técnicos, socorristas.

  • Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

    Cuándo:

    20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de xullo de 2026

    Inscripciones:

    Desde el 18/06/2026

    ata esgotar prazas.

    Formación gratuíta organizada polo Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística e a Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia.

  • Festa da Música 2026: Sumrrá

    Cuándo:

    21/06/2026

    A Deputación da Coruña organiza no Teatro Colón un concerto de Sumrrá para celebrar o Día da Música, no que o trío mais lonxevo da escena jazzística estatal presentará o seu novo oitavo disco "Revoluti8n"

  • Deforme Semanal "Ideal Total"

    Cuándo:

    20/06/2026

    O Teatro Colón acolle o espectáculo de radio en directo "Deforme Semanal :Ideal Total", o radioshow quincenal autoxestionado de Isa Calderón e Lucía Lijtmaer galardoado co Premio Ondas e un dos podcasts máis escoitados en España.

Convocatorias

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión