Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 21/04/2026
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local. O sistema de selección será por oposición libre.
Hasta el 06/05/2026
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 2 prazas de técnico/a superior de servizos sociais (subgrupo A1). O sistema de selección será o de oposición.
Hasta el 30/04/2026
O Concello de Betanzos convoca o XIII Concurso de creación literaria que pretende promover a escrita creativa e fomentar a creación literaria en galego.
Hasta el 06/05/2026
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de axudante de arquivo (subgrupo A2). O sistema de selección será o de oposición.
Hasta el 06/05/2026
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico/a superior de seguridade (técnico/a superior de prevención de riscos laborais. Subgrupo A1). O sistema de selección será o de oposición.
11/04/2026
Desde el 08/04/2026
Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible