Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de xullo de 2026
Desde el 18/06/2026
ata esgotar prazas.
Formación gratuíta organizada polo Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística e a Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia.
21/06/2026
A Deputación da Coruña organiza no Teatro Colón un concerto de Sumrrá para celebrar o Día da Música, no que o trío mais lonxevo da escena jazzística estatal presentará o seu novo oitavo disco "Revoluti8n"
20/06/2026
O Teatro Colón acolle o espectáculo de radio en directo "Deforme Semanal :Ideal Total", o radioshow quincenal autoxestionado de Isa Calderón e Lucía Lijtmaer galardoado co Premio Ondas e un dos podcasts máis escoitados en España.
Desde el 22/08/2026 hasta el 30/08/2026
Hasta el 30/06/2026
O Grupo Scout Stoas organiza un campamento de verán en Mazaricos.
Hasta el 29/06/2026
(6) prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade biblioteca, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición.
Programa gratuito que busca asegurar que las personas jóvenes de entre 16 y 29 años inscritas en Garantía Juvenil, reciban educación continuada o formación tras quedar desempleadas o finalizar su formación académica.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible