Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

24 de outubro: Día da Biblioteca

Instalámonos por un día nos mercados municipais coa nosa proposta Letras no mercado para conmemorar o 24 de outubro, data na que se celebra o Día da Biblioteca, unha efeméride nada no ano 1997 por proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil.

O mércores 24 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, poderasnos atopar nos seguintes mercados municipais:

  • As Conchiñas
  • Monte Alto
  • Santo Agostiño
  • Praza de Lugo
  • Elviña

O Día da Biblioteca é unha efeméride que xorde apoiada polo Ministerio de Cultura, e que lembra a destrución da biblioteca de Saraievo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

A iniciativa nace para lle trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como un lugar de encontro das persoas de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humanas. Trátase, en definitiva, de dar a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos e os seus recursos profesionais e, tamén, agradecer e recoñecer o labor das bibliotecarias e bibliotecarios.

Cada ano encárgase a redacción do pregón e o deseño do cartel a escritores/as e ilustradores/as de recoñecido prestixio, para difundilo entre todas as bibliotecas do país, entidades asociadas e axentes interesados.

Este ano o escritor Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) asina o pregón, que reproducimos a continuación, e Alfonso Zapico (Premio Nacional de Cómic en 2012) ilustra o cartel.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión