Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Polimatía: Leonardo e o Renacemento

Este ano 2019 celébrase o quinto centenario da morte dun dos homes con máis talento de toda a historia, Leonardo da Vinci, o mestre do Renacemento italiano.

Para conmemorar esta efeméride, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano imos dedicarlle o último Ciclo Temático do ano.

Leonardo, que morreu en 1519 no Castelo de Clos-Lucé, na localidade francesa de Amboise, deixou un legado que vai moito máis alá de "A Gioconda" ou "A última cea". Era un xenio multidisciplinar con estudos de anatomía, urbanismo, pintura, inventos visionarios... dominou ciencia, técnica e arte. Foi descrito a miúdo como o arquetipo do home renacentista e un home de curiosidade insaciable, en definitiva un Polímata.

Prestaremos especial atención á época do Renacemento, nome dado no século XIX a un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os séculos XV e XVI. Os seus principais expoñentes atópanse no campo das artes, aínda que tamén se produciu unha renovación nas ciencias.  Sen dúbida foi este un cambio moi profundo e complexo, que transcendeu a todas as ordes da vida. Para esa época producíronse algúns fitos moi importantes como a invención da imprenta por Gutenberg e o desenvolvemento da teoría heliocéntrica de Copérnico. Estes foron elementos propiciadores dunha revolución científica e social dunha magnitude impensable até entón.

Ademais este ano tamén é o V centenario da primeira circunnavegación á terra, realizada pola expedición de Fernando de Magallanes e Elcano, de 1519 a 1522. Tras a viaxe e a primeira volta ao mundo púidose confirmar a teoría de Terra esférica e tivo repercusións como a globalización, apertura dunha rede intercambios intercontinentais e creación de mecanismos de financiamento das rutas comerciais.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa busca combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión