Outro ano máis dámos inicio a unha nova tempada dos clubs de lectura da Rede de bibliotecas municipais.
Estenderanse de outubro a xuño e as súas periodicidades varían duns grupos aos outros: hainos semanais, mensuais e quincenais. Tamén virtuais, con periodicidade fixa e tamén coa que ti elixas.
Clubs infantís e xuvenís
Os clubs infantís e xuvenís ofrecen lecturas en diversos formatos sempre adaptadas ás idades que se dirixen.
Club de lectura infantil: Miúdo
Clubs xeralistas para público adulto
Os clubs xeralistas abranguen unha ampla variedade de xéneros, voces, culturas, etc. e diríxense a público adulto.
Club de lectura dos mércores na biblioteca Castrillón
Se non te podes desprazar ou o que che apetece son lecturas máis específicas tamén temos un club para ti.
Ademais dos anteriores ofrecemos tamén un abano de grupos temáticos e con reunións virtuais.
Clubs de lectura temáticos ou especializados
Son grupos con encontros e lecturas en torno a unha temática ou un xénero literario concretos: obras clásicas, cómic, LGTB, filosofía... elixe o teu!
Club de lectura en galego: Lendo devagar
Club de lectura de obras clásicas
O Pensatorio. Café filosófico grupo 1
Clubs de lectura virtuais
Temos dúas modalidades: con reunións a través de meet e periodicidade fixa, ou sin horarios e coa periodicidade que ti elixas a través do blog do ciberclub.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible