Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día das Bibliotecas 2025

Día das Bibliotecas 2025

As bibliotecas combatemos a desinformación non só a través dos nosos recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso axeitado das novas tecnoloxías. E, por riba de todo, as bibliotecas somos un dique de contención contra a desinformación mercé ao noso persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio ás persoas usuarias na busca de información a través de fontes fiables e contrastadas.

Como diques contra a desinformación, as bibliotecas debemos garantir o cumprimento efectivo dos dereitos culturais da cidadanía, así como do acceso a fontes de información fiables e recursos de alfabetización informacional, sendo portas abertas á cultura e á información.

[Fonte: Ministerio de Cultura]

Este 24O pasamos á acción contra a desinformación!

Este 24 de outubro visibilizarémonos, informaremos sobre, e celebraremos o traballo das nosas bibliotecas en prol dos dereitos de acceso á cultura e a fontes de información veraces, así como recursos de alfabetización informacional, de xeito que fornezamos, estes días especialmente, a loita contra a desinformación.

Para iso, convidámoste a te unires a algunha das nosas propostas.

  • Do 20 ao 24 de outubro, nas bibliotecas:

    • Ruta bibliotecaria: sela o noso pasaporte a participa nas visitas guiadas! 

    • Mostras: libros que quixeron silenciar.

  • Do 20 ao 24 de outubro, nas nosas redes sociais:

    • Pílulas informativas contra bulos e fake news.

    • Presentación dos nosos servizos gratuítos de alfabetización informacional, formacións dixital e atención tecnolóxica personalizada.

  • 24 de outubro, 19h, na Biblioteca de Estudos Locais:

    • Charla "Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do C.E.S. Germinal (1902-1936)", con Paco Ascón e Dani Palleiro.

E ademais...

  • 17 de outubro, 21 h, no Centro Ágora.
    • Concerto Ágorason Outono 2025 no centro Ágora con Lamatumbá, en colaboración co departamento de Lingua do Concello, co gallo do Día das Bibliotecas. Reparto de entradas nas bibliotecas desde o venres 10 de outubro.
Ruta bibliotecaria

Ruta bibliotecaria: especial Día das Bibliotecas

Colle a mochila, que nos vamos de ruta bibliotecaria! Pero lévaa baleira para poder traela chea cando volvas a casa. Nas biblios prestámosche libros, xornais, revistas, pelis, discos de música, xogos... Que vas elixir ti?

Sela o noso pasaporte "Ruta bibliotecaria" nas visitas guiadas ou achégate aos mostradores das bibliotecas do 20 ao 24 de outubro para conseguir o pasaporte e o selo que acredite a túa visita.

Poderás converterte en visitante top das bibliotecas!

Que bibliotecas ofrecerán visitas guiadas e cando?

Biblioteca Estudos Locais Venres 24, 12h
Biblioteca Fórum Martes 21, 17h
Biblioteca Sagrada Familia Mércores 22, 12h
Biblioteca Castrillón Mércores 22, 18h
Biblioteca Monte Alto Xoves 23, 12h
Biblioteca Durán Loriga Xoves 23, 17:30h
Punto bib. Mesoiro Venres 24, 17h

Visita virtualmente as bibliotecas municipais!

Podes facelo nas nosas redes sociais buscando polo cancelo #rutabibliotecaria.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión