Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

CantoConto!

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido?:

Infantil de 2 a 4 anos / Familias.

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

Contacontos.

Máis información:

Contacontos dirixido a familias con nenos e nenas de 2 a 3 anos. Sesións cheas de maxia nas que, rodeados de contos, compartiremos historias e melodías.

Só os nenos e nenas necesitan inscribirse. Cada persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións.

Como participar:

  • Para poder participar en CantoConto! requírese unha inscrición previa.
  • O prazo para inscribirse ábrese unha semana antes de cada sesión, ás 10:00 horas.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Biblioteca Día Hora Prazas Frecuencia
Biblioteca Castrillón Xoves 18.00h 20 Quincenal
Biblioteca Fórum Xoves 18.00h 20 Quincenal
Biblioteca Monte Alto Mércores 18.00h 20 Quincenal
Biblioteca Sagrada Familia Martes 18.00h 20 Quincenal

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levarvos a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis doado seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión