Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ando na Coruña: A Coruña romana. Vida máis aló de Hércules

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Visitas guiadas

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

 + 19 anos

Cando:

Os días 27/09/2023 ás 18:00 , 25/10/2023 ás 17:00 , 29/11/2023 ás 17:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/09/2023 ata o 27/09/2023

Require inscrición previa. 

Horario:

27 de setembro: 18:00 a 19:00 horas

25 de outubro:    17:00 a 19:30 horas

29 de novembro: 17:00 a 19:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##AndoNaCoruña #CoruñaRomana #cidadevella #bestudoslocais #memorialocal

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

A actividade versará sobre os restos romanos menos coñecidos da cidade. Na primeira sesión contextualizarase a actividade nunha sesión informativa e nas dúas sesións seguintes realizaranse varias visitas guiadas.

1.ª sesión: Contextualización da actividade. Entrega dun dossier con bibliografía que se atopa na Biblioteca de Estudos Locais e  unha selección de fragmentos.

2.ª sesión: Visita guiada ao alxibe da rúa Franja e ás murallas.

3.ª sesión: Vistia guiada ao Castelo de San Antón e ás salas romanas da Igrexa de Santiago.

María Pardo Eimil, encargada desta actividade, é guía turística e documentalista.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión