Bebeteca
Bebés, Familias
Bebés de 0 a 24 meses.
20/05/2023
Xa rematou
Dende o 13/05/2023 ata o 20/05/2023
Require inscrición.
De 11.30 a 12.30 h.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias.
Bbencontro especial dentro do programa Bbteca, familia e lectura coa finalidade de achegar, aos máis pequenxs e ás súas familias, á música en vivo e en directo e a maxia do teatro.
Nesta ocasión as bibliotecarias presentarán á compañía Trémola teatro, onde a través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz led, instrumentos...) gozaremos dunha emocionante aventura.
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios/as e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible