Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

28/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.00 h ás 20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada no programa de divulgación científica: PARA SABER +

Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xorde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d

Este grupo desenvolve unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.

O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19.00 h na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar a capacidade.

O luns 28 de novembro temos a terceira charla do programa:

Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade.  Charla a cargo de Ana M. González Tizón. Profesora de Xenética da UDC e divulgadora científica.

Isabel Zendal foi a  primeira enfermeira da historia nunha misión internacional de saúde pública, encargouse do labor máis imprescindible na Real Expedición Filantrópica da Vacina. Unha viaxe de catro anos cun final de consecuencias inimaxinables.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión