Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Club QUEERuña: abrimos o segundo grupo

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

22/02/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/01/2022 ata o 22/02/2022

Require inscrición

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Consigue as túas entradas:

Contacto:

O club de lectura LGTB expándese e pon en marcha o seu segundo grupo de lectura queer en colaboración coa Asociación Les Coruña.

Tras 6 anos de andaina do club LGTB da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña chegou o momento de doblar a súa capacidade e abrir as inscricións para crear un segundo grupo de lectura composto por outras vinte persoas.

As lecturas do grupo serán as mesmas que as do QUEERuña orixinal e as súas reunións os cuartos martes de mes ás 19h.

Podes consultar todo o detalle da programación de lecturas no blog QUEERuña.

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    En que consiste o club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a peculiaridade de ser o primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas, en colaboración coa Asociación Les Coruña.

    A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión