Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Editatona de obras literarias na Galipedia: especial Orgullo

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+16 anos

Cando:

18/06/2026

Inscricións:

Dende o 11/06/2026 ata o 18/06/2026

Inscrición en liña

Horario:

16:30-20:30 h

Duración:

4 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Coñeces a Wikipedia? Nesta xornada, aprenderás a crear un perfil para poder editar na Galipedia, wikipedia en galego, e, axudarnos a enchela de literatura, e de literatura orgullosa, ademais!

Este mes de xuño, queremos encher a Galipedia de literatura, para o que poñemos en marcha unha editatona de obras literaria nesta enciclopedia colaborativa.

Co gallo do mes do Orgullo 2026, a agulla do compás nesta xornada sinalará obras de literatura en galego con etiqueta LGTB+ para as editar.

Co noso combo especial, alén de coñecer literatura LGTB+, practicarás a redacción en lingua galega, formaraste en identificar información rigorosa e de calidade, e, por demais, empregarás unha ferramenta dixital que che permitirá participar nun proxecto enciclopédico global.

Durante o desenvolvemente da actividade, acompañaranos Adrián Estévez, membro da Fundación Wikipedia e editor habitual da Galipedia, e contaremos coa colaboración do CEFEX, Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña.

Hora Actividade
16:30 - 16:40 Benvida e presentación da xornada
16:40 - 17:35 Formación técnica: aprendemos a usar Galipedia (con Adrián Estévez)
17:35 - 17:45 Presentación do CEFEX (UDC)
17:45 - 18:15 Descanso e conversa informal
18:15 - 20:15 Elección de obra literaria á que crearlle unha entrada en Galipedia* e posterior edición
20:15 - 20:30 Avaliación e despedida

*Prestaremos durante a xornada exemplares de títulos de literatura galega diversa entre os que poder elixir para aquelas persoas que o precisen.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión