Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Perderse, encontrarse y volver"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

08/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 8 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Perderse, encontrarse y volver" de Diana Etchegoyen, publicado pola Editorial Cuadranta.

A autora estará acompañada do xornalista Santiago Estévez.

SINOPSE:

Perderse, encontrarse y volver

Obra que convida a viaxar e a soportar a vida desde unha perspectiva posmoderna, ás veces con imaxes crúas, cun eu poético desesperado que trata de atoparse co que queda del nun mundo que o asfixia pola súa ferocidade e a súa velocidade. Abundan as imaxes da vida cotiá, sobre o amor, o traballo e o rol da muller no mundo. A medida que avanza a obra, tanto o lector como o eu poético van comprendendo que é posible volver sentirse na casa e ver o mundo como un lugar seguro.

BIOGRAFÍA:

Diana Rodríguez Etchegoyen

Nada en Buenos Aires en xaneiro de 1993 emigrou, como tantos outros, a España ao principio dos anos 2000. Dedicada nun principio á investigación en Dereito Constitucional, a cal a levou a residir en diferentes cidades do país. Valencia, Málaga, Toledo, A Coruña son algúns dos escenarios nos que empeza a experimentar coa escritura creativa en distintos obradoiros despois dunha etapa de depresión. Presenta a súa primeira obra, "Perderse, encontrarse y volver" como resultado dun ano completo de traballo e reflexión persoal.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión